top of page

DERECHOS DE LOS USUARIOS

LEY 8/2008 DE SALUD DE GALICIA


Artigo 6º.-Dereitos relacionados coa integridade ea intimidade da persoa.

Serán dereitos sanitarios relacionados coa integridade e a intimidade da persoa os seguintes:


1. Dereito á integridade física e psíquica.


2. Dereito ao máximo respecto posible da intimidade da persoa, en todos os centros, servizos e establecementos sometidos a esta lei, na prestación de actividades sanitarias tales como exploracións, coidados ou actividades de hixiene.


3. Dereito a que se reduza a presenza de profesionais, estudantes e investigadores, ou doutros usuarios,

que non colaboren directamente na realización de tales atencións, cando así sexa expresamente solicitado.


4. Dereito a non ser gravada mediante fotografías, vídeos ou outros medios que permitan a súa identificación como destinataria de servizos sanitarios, a non ser que a persoa afectada, logo de lle seren explicados claramente os motivos da súa realización e o ámbito de difusión, preste autorización expresa para iso.

Artigo 7º.-Dereitos relacionados co acompañamentodo ou da paciente.


1. Serán dereitos relacionados co acompañamento do ou da paciente os seguintes:


1. Dereito a ser acompañado ou acompañada, polo menos, por unha persoa que manteña vínculos familiares ou de feito co ou coa paciente ou por unha persoa da súa confianza.


2. Dereito de toda muller a que se lle facilite o acceso ao proceso do parto a aquela persoa designada por ela para tal efecto.


3. Dereito das persoas menores a estaren acompañadas polos seus pais, titores ou gardadores.


4. Dereito das persoas incapacitadas a estaren acompañadas polos responsables legais

da súa garda e protección.


2. Os dereitos anteriormente citados limitaranse, e mesmo exceptuaranse, nos casos nos

que esas presenzas sexan desaconselladas ou incompatibles coa prestación sanitaria conforme criterios clínicos. En todo caso, esas circunstancias seranlles explicadas aos afectados e ás afectadas de xeito comprensible.

Artigo 8º.-Dereitos relacionados

coa autonomía de decisión. Serán dereitos relacionados coa autonomía de decisión os seguintes:


1. Dereito a que se solicite consentimento informado nos termos establecidos na Lei 3/2001, do 28 de maio, e na Lei 3/2005, do 7 de marzo, de modificación da anterior. Entenderase por consentimentoç informado o prestado libre e voluntariamente pola persoa afectada para toda actuación no ámbito da súa saúde e así que, logo de recibir a información axeitada, valorase as opcións propias do caso. O consentimento será verbal, por regra xeral, e prestarase por escrito nos casos de intervencións cirúrxicas, procedementos diagnósticos e terapéuticos invasores e, en xeral, na aplicación de procedementos que supoñan riscos ou inconvenientes de notoria e previsible repercusión negativa sobre a saúde do ou da paciente.


2. Dereito á libre elección entre as opcións que lle presente o responsable médico do seu caso e a rexeitar o tratamento, agás nos casos sinalados nesta ou noutras leis, e para iso deberá solicitar e asinar a alta voluntaria. De non o facer así, corresponderalle darlle a alta á dirección do centro. Todo isto sen prexuízo de que o ou a paciente poida recibir outros tratamentos alternativos, curativos ou paliativos e sanitarios.


3. Dereito a outorgar o consentimento por substitución e a manifestar as súas instrucións previas ao abeiro do establecido na Lei 3/2001, do 28 de maio, e na Lei 3/2005, do 7 de marzo, de modificación da anterior, e nas disposicións concordantes. 4. Dereito a elixir médico xeral e pediatra de entre os que presten os seus servizos na zona sanitaria do seu lugar de residencia de conformidade coas normas regulamentarias que resulten aplicables. 5. Dereito a unha segunda opinión médica co obxectivo de fortalecer a relación médico-paciente e de complementar as posibilidades da atención sanitaria.


6. Dereito a dispor dos tecidos e das mostras biolóxicas que proveñen de biopsias ou extraccións no seu proceso asistencial, coa finalidade de acadar unha segunda opinión médica e garantir a continuidade asistencial.


7. Dereito a rexeitar aquelas accións preventivas que se propoñan, para situacións que non impliquen riscos a terceiros, sen prexuízo do disposto na normativa sanitaria aplicable.


8. Dereito a rexeitar a participación en procedementos experimentais como alternativa terapéutica para o seu proceso asistencial.


9. Dereito a rexeitar o uso ou a conservación, forra do seu proceso asistencial, dos seus tecidos e mostras biolóxicas que proveñan de biopsias, extraccións ou nacementos e, polo tanto, dereito a que se proceda á súa eliminación como residuo sanitario.


Más Información:

A través de nuestro formulario:

E-mail:

Comentarios:

* Es necesario un correo electrónico válido. Por favor, a efectos de la LOPD no remita ningún

dato personal relativo al asunto, hágalo de forma genérica.

bottom of page